Para a transferencia e recoñecemento de créditos aplicarase, conforme ao establecido no RD 822/2021, a Normativa de Transferencia e Recoñecemento de Créditos para Titulacións Adaptadas ao EEES da Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 21 de marzo de 2018.

A normativa en vigor establece no seu artigo 4, Recoñecemento de créditos nas titulacións de máster, as seguintes regras básicas:

  • Serán obxecto de recoñecemento por materias, módulos e complementos formativos do programa dos estudos de máster calquera estudo universitario, perfil académico ou profesional coincidente coas competencias e coñecementos que se impartan no máster así determinado mediante a correspondente resolución reitoral de conformidade cos órganos académicos destes estudos.
  • Os módulos, materias e complementos de formación recoñecidos considéranse superados para todos os efectos e figurarán no expediente do alumnado.
  • Só se poderán recoñecer estudos correspondentes aos segundos ciclos de ensinos conducentes ás titulacións de Licenciatura, Enxeñería, e Arquitectura ou a outros mestrados oficiais.
    Segundo o seu artigo 5, Recoñecemento de créditos por experiencia laboral e profesional e por títulos propios, o número de créditos que sexa obxecto de recoñecemento a partir da experiencia profesional ou laboral e de ensinos universitarios son oficiais non poderá ser superior, no seu conxunto, ao 15 por cento do total de créditos que constitúan o plan de estudos. Establécese que o ou a estudante poderá recoñecer os seis créditos da materia Prácticas Externas en base á acreditación da súa experiencia laboral e profesional no ámbito aeroespacial. En todo caso, non poderán ser recoñecidos os créditos correspondentes ao Traballo Fin de Máster.

En desenvolvemento do artigo 9, Criterios para o recoñecemento de créditos, establécese que a Comisión Académica do mestrado é o órgano responsable da aplicación do sistema de transferencia e recoñecemento de créditos e:

  • que os criterios específicos para o recoñecemento de créditos dunha materia completa e dun bloque de materias completas consisten nun cumprimento adecuado das competencias e contidos das materias segundo as fichas e guías docentes delas,
  • que se publicarán táboas de equivalencia, elaboradas pola Comisión Académica do Máster e aprobadas pola Xunta de Centro, entre estudos cursados noutras universidades e aqueles que poidan ser recoñecidos no plan de estudos da propia universidade,
  • que non serán obxecto de recoñecemento os créditos cursados en ensinos superiores oficiais non universitarias,
  • que a Universidade de Vigo non ofrece título propio no ámbito, por iso non proceden criterios de recoñecemento.

Todos os créditos que obteña o estudante de ensinos oficiais cursados en calquera universidade, os que supere para a obtención do correspondente título, os recoñecidos e os transferidos, serán incluídos no seu expediente académico e reflectidos no Suplemento Europeo ao Título.