O Traballo de Fin de Máster forma parte como módulo, materia ou disciplina do plan de estudos de todo título oficial de mestrado. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación, teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos.

No Máster en Enxeñaría Aeronáutica é unha materia obrigatoria integrada no plan de estudos (12 créditos ECTS).

O traballo de fin de máster é un traballo persoal e orixinal tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título. En ningún caso, pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación nesta ou noutra universidade, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos nas actividades doutras materias da titulación.

O traballo de fin de máster poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa cotitora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa cotitora, as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade do titor/a facilitar a xestión.

Materia do programa English Friendly: Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as tutorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.

Normativa

Buscador de TFM

 

Matrícula no TFM

Para poder matricularse no traballo de fin de máster será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.

A matrícula do traballo de fin de máster realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de máster.

 

Depósito do TFM

Para poder realizar o depósito do TFM previo á súa defensa é preciso estar correctamente matriculado/a e contar co informe favorable da persoa ou persoas que titoricen o traballo.

O estudantado deberá realizar o depósito na convocatoria na que vaia a efectuar a defensa e sempre dentro das datas establecidas para o efecto, que serán fixadas pola dirección da Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo e non poderán coincidir cos períodos de depósito de TFG. Transcorridas todas as convocatorias dun mesmo curso sen que se levara a cabo o depósito, o/a estudante deberá volver matricularse.

 

Traballo Fin de Máster – Curso 2024/2025

Oferta de TFM

 

Calendario de defensa do TFM

Convocatoria Solicitude Depósito Defensa
1º cuadrimestre 07/02/2025 12/02/2025 – 13/02/2025 24/02/2025 – 26/02/2025
2º cuadrimestre 13/06/2025 17/06/2025 – 18/06/2025 30/06/2025 – 02/07/2025
2ª oportunidade
(xullo)
27/06/2025 03/07/2025 – 04/07/2025 22/07/2025 – 23/07/2025
2ª oportunidade
(setembro)
24/07/2025 01/09/2025 – 02/09/2025 08/09/2025 – 10/09/2025

Consulta o calendario do mestrado
 

Coordinación do TFM

Alejandro Manuel Gómez San Juan
+34 988 368 805
alejandromanuel.gomez@uvigo.gal