Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Máster universitario en Enxeñaría Aeronáutica

O Máster universitario en Enxeñaría Aeronáutica da Universidade de Vigo é un título oficial que habilita para exercer a profesión de enxeñeiro/a aeronáutico, en virtude do establecido na Orde CIN/312/2009, do 9 de febreiro (BOE, 18 de febreiro de 2009).

É unha proposta única no Sistema Galego de Universidades. Este mestrado conta coa colaboración da Xunta de Galicia.