A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo ten a súa sede central no Edificio Manuel Martínez Risco no Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Nesta sede central están situados os despachos relativos á Dirección do centro, así como outros 30 despachos de profesorado. Disponse tamén de dúas aulas informáticas con 26 computadores, nos que se conta con licenzas de software como MatLAB, Solidworks, Catia, Ansys e Comsol. Ademais, disponse neste edificio de laboratorios de Física (dúas), Electrotecnia, Mecánica Clásica, Materiais, Mecánica dos Medios Continuos, Fabricación (materiais compostos e fabricación aditiva) e Sistemas de Navegación, Sistemas en tempo Real e Aviónica. Dispón neste edificio tamén de catro laboratorios de investigación.
A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo ten acceso no Edificio Politécnico do Campus de Ourense a tres laboratorios, un de Enxeñería Química, outro de Electrónica e un terceiro de Automática Industrial.
- No Edificio de Facultades ten cinco aulas para impartir docencia teórica en grupos grandes. Todas as aulas están equipadas con lousa branca grande, canón de proxección e equipo informático.
- No Edificio Campus Auga dispón dun Laboratorio de Aerodinámica, onde está emprazado o túnel de vento do centro, un Laboratorio de Propulsión con bancos de ensaio de motores alternativos e turbina de gas, un Laboratorio de Fabricación (centro de mecanizado, celas robotizadas de fabricación e máquina de metroloxía dimensional), un Laboratorio de Resistencia de Materiais (máquina universal de ensaios mecánicos e máquina de ensaios de vibración), un Laboratorio de Espazo cunha cámara limpa, bobinas de Helmholtz para verificación de sistemas AOCS de satélites e equipamento electrónico, un simulador de voo, un Laboratorio Informático con 28 computadores e licenzas similares ás do Edificio Martínez Risco e un Laboratorio de Investigación xeneralista.